Thursday 02 de May de 2024

Axenda do 31 de marzo ao 2 de abril de 2023 en Narón


Venres 31 de marzo de 2023

Actividade: Presentación do libro “Receitas para cociñar o ar”
Hora: 18.30
Lugar: Biblioteca municipal (planta soto)

A Biblioteca acollerá a presentación do último libro do escritor, actor e director teatral Pepablo Patinho. O acceso é libre ata completar a capacidade da sala.

Actividade: Charla “Stop Velutina”
Hora: 19.00
Lugar: Centro cívico social de Doso

O Concello e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura convocan esta charla, aberta á cidadanía en xeral e na que se informará sobre o control primaveral das raíñas de vespa velutina e a importancia do trampeo.

Actividade: “VIII Festival Internacional do monólogo teatral Singular”. Representación de “Feirantes”
Hora: 20.30
Lugar: Casa da Cultura

A compañía galega Pegadas Culturais estrea na cidade esta obra, un percorrido de microteatro con catro pezas onde o espectador verá un reflexo de si mesmo en catro personaxes. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Sábado 1 de abril de 2023

Actividade: Visitas guiadas ao muíño de Xuvia
Hora: 16.30 a 20.30 horas
Lugar: Muíño de Xuvia

O Concello organiza unhas visitas guiadas ao muíño de Xuvia nas que se ofrecerá información sobre os traballos e se poderá ver o resultado do proxecto de rehabilitación antes de proceder a iniciar as labores de musealización da construción. O acceso será por grupos, dous de xeito simultáneo, e por orde de chegada ás inmediacións do muíño.

Actividade: Ópera bufa: “El barbero de Sevilla”
Hora: 20.00
Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Concerlírica trae a Narón a ópera bufa “El barbero de Sevilla”, dividida en dous actos e ambientada na Sevilla do século XVII. A peza, dunha duración aproximada de dúas horas e media, con dous descansos) conta a historia de amor en clave de humor e comedia. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 2 de abril de 2023

Actividade: Visitas guiadas ao muíño de Xuvia
Hora: 16.30 a 20.30 horas
Lugar: Muíño de Xuvia

O Concello organiza unhas visitas guiadas ao muíño de Xuvia nas que se ofrecerá información sobre os traballos e se poderá ver o resultado do proxecto de rehabilitación antes de proceder a iniciar as labores de musealización da construción. O acceso será por grupos, dous de xeito simultáneo, e por orde de chegada ás inmediacións do muíño.

Actividade: “Hip Hop Galician Dance Tour”
Hora: 12.30 a 19.30 horas
Lugar: Pazo da Cultura

O Concello organiza este campionato, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, en colaboración co Club de Baile Deportivo Narón. A cita consistirá nun circuíto de catro probas que se celebra por primeira vez en Galicia.